jueves, 30 de abril de 2015

Valores Cooperativos

 O mércores tivemos, no colexio, unha actividade de impulso e fomento do cooperativismo.Dende a Oficina local de fomento cooperativo da Mancomunidade de Ferrolterra, veu Dolores Regueiro Pérez a realizar diferentes actividades cos nenos e nenas de 3º e 2º de Primaria. En primeiro lugar amosoulles un pequeno vídeo da película "Nemo", onde puideron tratar o tema da importancia do traballo en equipo.
A continuación realizaron un xogo baseado na cooperación, "o xogo das cadeiras", onde os rapaces que quedan sen ela non perden,continúan a xogar pero teñen que compartir a cadeira doutro compañeiro.

Divertidísimo xogo!

viernes, 24 de abril de 2015

Museo Naval

Hoxe visitamos o Museo Naval de Ferrol.
Foi unha visita moi interesante. Unha guía explicounos moitas cousas relacionadas co mar: áncoras, mergulladores, fragatas, carabelas, camarotes...
Como unha imaxe vale máis que mil palabras, aquí tedes as fotografías.

jueves, 23 de abril de 2015

A nosa horta

Posto que o centro de interese elixido para este curso é “A Agricultura Familiar”, decidimos realizar unha horta na parte traseira do patio.
Este proxecto tivo diferentes fases:
a. Limpeza da zona a sementar.
b. Aboamento da mesma.
c. Cubrir a terra a plantar cun plástico.
d. Plantación por parte dos alumnos: leitugas, amorodos, ceboliños, allos, acelgas...
e. Co fin protexer a plantación de posibles visitantes, incorporouse un espantallo ao que non lle falta ningún detalle.

                                                                     ENLACE