Para ver as distintas partes da planta, puxémonos a plantar fabas.
Cada alumno realizou o seu propio cultivo seguindo os seguintes pasos:
1-Poñemos algodón nun vaso. |
2-Introducimos dúas fabas, (semente). |
3-Botámoslle auga. |
4-Esperamos, regándoas a miúdo, para manter o algodón mollado. |
5-Aos sete días xorden as primeiras raíces. |
6-Logo de dúas semanas,xa temos plantas co seu talo |
Ao cabo dun mes, temos unhas fermosas plantas, co seu talo e as súas follas.
Bo traballo! |