Nesta Semana dedicada á
Ciencia, a nosa ANPA organizou unha morea de actividades. Na xornada de hoxe
voluntarios de Física de 4º da ESO co seu profe David García, traballaron arreo
para que os nenos e nenas de primeiro e segundo de primaria tiveran unha divertida sesión de
"maxia" no laboratorio.
Fernando, Manu, Aaron, Carmen, Andrea,
Irene, Uxía, Marta, Antía e Carla foron os fantásticos voluntarios.
Crearon 5
experimentos magnéticos feitos con imáns:
1 ➤ TREN
MAGNÉTICO QUE LEVITA?
Carmen e Arón con Omar |
2➤ CARREIRA DE BOLAS
Andrea e Irene tamén o pasaron ben cos peques. |
3➤ TREN ELÉCTRICO (Tubo de cobre e pilas con imáns)
Uxía e Marta mostrando o mecanismo do tren.
|
4 ➤ FRENO MAGNÉTICO (Conseguiron crear a forza da gravidade)
Manu e Lucía axudan a mirar polo tubo do espectacular freo
magnético.
|
5 ➤ LIÑAS DE FORZA (Observamos as liñas de
forza que aparecen entre dous imáns)
! |
Antía e Carla amosando as
preciosa liñas de forza que forman os imáns. Orgullosos dos nosos alumnos e alumnas! |
No hay comentarios:
Publicar un comentario