A visita de hoxe ao Museo do Caldoval serviunos para coñecer mellor como vivían os habitantes da Galicia romana entre os séculos I e V d. C. Principalmente no referente ao lecer e á súa alimentación. |
Entramos nunha cociña romana onde descubrimos os utensilios que utilizaban. |
Patricia mostrounos restos orixinais que despois de tantos anos aínda perduran.
Os baños impresionáronnos especialmente. Patricia explicounos todo o proceso, ata contaban cun ximnasio ao aire libre para facer exercicio antes do baño. |
Vero, outra monitora, contounos como era a alimentación nesta época. Os nenos e nenas plasmaron en debuxos os alimentos característicos destes séculos. |
Este é o resultado final dalgúns deles. Está claro que son uns artistas! |
No hay comentarios:
Publicar un comentario