Samaín, é unha palabra
que significa fin do verán, principio do
inverno.
Na antiga cultura celta o tempo de Samaín, especialmente a noite
do 31 de outubro ao 1 de novembro, era o período máis importante do ano. Era a
noite máis perigosa. As portas do outro mundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores.
Nós, recordando a cultura celta,
celebramos o Samaín no noso Colexio facendo cabazas, xogando, representando aos personaxes dos que imos disfrazados, comendo larpeiradas con formas de cabazas, esqueletos...
Divertímonos moitísimo, como
facemos en todas as celebracións.