viernes, 14 de marzo de 2014

Museo de Historia Natural

Hoxe visitamos o Museo de Historia Natural. Este museo ten unha das coleccións biolóxicas máis importante da Península. Conta con algúns exemplares que son únicos no mundo.
Puidemos ver unha lura xigante, unha quenlla anguía, un esqueleto de pitón, cranios de mamíferos e aves, fósiles vexetais, cunchas, bolboretas, peles de diferentes animais...
Foi unha visita moi didáctica.

https://plus.google.com/113447486268595158233/posts/iWZPQAnA6H2  FOTOS

miércoles, 12 de marzo de 2014

Sumas con llevadas

Vamos a practicar las sumas de dos cifras con llevadas. Poned el cursor en el lugar adecuado.

lunes, 3 de marzo de 2014

Entroido 2014

Xa chega o Entroido!

O cole de novo énchese de cor. O venres celebramos a festa dos disfraces


En primeiro disfrazámonos de bombeiros, para apagar calquera lume de actitudes negativas que poidan ter lugar no noso ámbito escolar.


Esta foto é moi especial, estamos todos con Vanesa. Traballou connosco un mes, botámola moito de menos.



Saímos de comparsa  e… comeza a chover. Todos para o colexio!



O tempo non nos permitiu facer o percorrido que todos os anos realizamos polos arredores do noso colexio. O que si puidemos facer foi gozar dunha gran festa, na que degustamos alimentos típicos desta data, que as familias dos nosos alumnos e alumnas prepararon para a ocasión.
Estaba todo boísimo!