miércoles, 27 de mayo de 2015

A Pirámide Nutricional

O supermercado Gadis de Portanova invitounos a visitar as súas instalacións para darnos unha charla sobre a alimentación.

Sandra, a azafata, explicounos como diferenciar a carne branca da vermella, o peixe azul do branco. Cal é o pan máis bo. Que produtos debemos deixar para o final da compra...Pero sen dúbida, o máis interesante foi a pirámide alimenticia, saber que produtos debemos tomar varias veces ao día como a froita e a verdura, e cales consumir de cando en vez ou raramente.




viernes, 22 de mayo de 2015

Recolleita

Hoxe os nenos e nenas estiveron recollendo as acelgas e leitugas que xa estaban no seu punto.

Bo proveito!

miércoles, 20 de mayo de 2015

Visita Científica

Hoxe recibimos a visita de David, científico, profesor de ESO e un dos membros do Premio Luís Freire de Investigación Científica na Escola.
Trouxo tres regalos para cada neno,  pola súa participación no devandito concurso: un caderno, un lapis e un marcapáxinas.
Pero o mellor agasallo foi, sen dúbida, unha serie de experimentos científico-máxicos que realizou para todos nós:
-O globo que non se queima.
-O tubo metálico que emite un son enxordecedor.
-A botella da verdade.

-A vara máxica electrostática.
-O polímero absorbendo tanta cantidade de auga que parece estar seco permanentemente. 
-A a bazoka de aire...

Deixounos a todos coa boca aberta!


                                                 Pincha na imaxe ou no título para ver as fotos

viernes, 15 de mayo de 2015

A nosa horta medra

A nosa horta empeza a dar os seus froitos. Hoxe aproveitamos que facía sol para regar as hortalizas.
Coidámola e mimámola moito, por iso está tan fermosa.

                             Pincha na imaxe para ver todas as fotos




lunes, 11 de mayo de 2015

Letras Galegas 2015

Xosé Fernando Filgueira Valverde,
  autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2015


Xosé Fernando Filgueira Valverde, foi co-fundador do Seminario de Estudos Galegos e director do Instituto Padre Sarmiento e do Museo de Pontevedra. Presidiu o Consello da Cultura Galega e foi membro da Real Academia Galega. É autor dunha moi numerosa obra, nomeadamente nos campos da historia, literatura, arqueoloxía e antropoloxía de Galicia.
Adícaselle o Día das Letras de 2015 polo seu traballo a prol da cultura galega.




A continuación atoparedes actividades  interactivas, para achegarse á figura de Xosé Filgueira Valverde. (Preme nas imaxes para acudir ás ligazóns correspondentes)