No corredor do colexio estiveron expostos uns retratos de homes e mulleres. Cada neno/a tivo que
relacionar, segundo o seu criterio, cada persoa retratada cun traballo a elixir dunha lista que se lles proporcionou.
Máis tarde,de novo no corredor, había
fotos expostas, pero esta vez facían referencia á verdadeira labor que cada
persoa levaba a cabo. Así puideron ver os erros que os estereotipos nos levan a
cometer.
Para rematar foron
á aula de informática a facer as actividades do xogo "IGUAIS. EU VOU SER..."
Xogaron moi motivados e contentos.