jueves, 21 de diciembre de 2017

BO NADAL

Xa acabamos o trimestre e, que mellor forma de celebralo, que cunha “ comidiña de empresa”

 Coas notas, un regaliño, un precioso calendario con fotos nosas. 
Grazas Artenchapas   https://www.facebook.com/artenchapas


E...como broche de ouro, a función de Nadal, onde interpretamos a obra de teatro
"O país da fantasía"

FELICES VACACIÓNS! 

lunes, 18 de diciembre de 2017

CIRCOPETA

Hoxe asistimos á Sede Afundación para ver a actuación dos pallasos, músicos, humoristas...do "CIRCOPETA" Os nenos e nenas non pararon de rirse durante toda a representación. Incluso unha das nosas alumnas saíu ao escenario, estivo moi simpática e fíxoo moi ben.

Para ver todas as fotos pulsade na imaxe
PREME NA IMAXE PAR VER AS FOTOS

domingo, 17 de diciembre de 2017


ATA PRONTO!


Hola a todos e todas! Isabel deixoume un anaquiño do seu blog para amosar un pouco do que fixemos  durante este trimestre. 


Grazas por ser tan fantásticos! 😊


Vanesa.



jueves, 7 de diciembre de 2017

Ola nenos e nenas!

Este luns volvo ao cole, sei que ides botar de menos á mestra Vanesa, pero espero que me fagades un sitiño nos vosos corazóns, farei todo o posible por conseguilo.

sábado, 10 de junio de 2017

Museo de Historia Natural

Visita ao Museo de Historia Natural onde puidemos ver a lura xigante de 8 m, o quenlla trasgo, o quenlla anguía, a balea Franca e outros cetáceos do Atlántico Norte.
PREMEDE NA IMAXE PARA VER AS FOTOS

lunes, 5 de junio de 2017

Parque Zoolóxico de Marcelle

Fantástica a saída do venres ao Parque Zoolóxico de Marcelle. Os nenos e nenas pasárono máis que ben. 

Premede na imaxe para ver as fotos

lunes, 15 de mayo de 2017

A GALIÑA AZUL


                                   A GALIÑA AZUL de Carlos Casares
                                                 Letras Galegas 2017

                                                        

Lorenzo ten unha galiña, pero non é coma as demais, esta galiña  é de cor azul e ten cinco plumas vermellas na á dereita. É moi bonita, pero tamén  moi rara. Pon ovos de cores. Xa puxo dous amarelos, un rosa e tres verdemar. Ademais non di cacaracá coma as outras galiñas, senón que di cocorocó.
     
   
O alcalde,  Manolito Listón, está moi preocupado, non quere ter no seu pobo unha galiña tan diferente ás demais. Díxolle a Lorenzo que lla entregase, para levala ao veterinario. Pero Loenzo négase, porque ten medo que a maten.
              
                                                                        
O caso é que o pobo está  de parte de Lorenzo e da súa galiña, pero o pobre Lorenzo está moi preocupado, porque non sabe que vai facer coa galiña. Antes paseaba moi contento pola rúa, pero agora non sae da casa.
        
Os veciños, despois de moito pensar, tiveron unha gran idea. Mercaron pintura azul e vermella, xuntaron todas as galiñas do pobo e puxéronse a pintalas dos mesmos cores que a galiña de Lorenzo, azuis con cinco plumas vermellas na á dereita.

                     

Cando o alcalde Manolito Listón chegou á casa de Lorenzo, atopouse con que todas as galiñas eran azuis, non puido atopar a de Lorenzo. Foise para o Concello moi enfadado, e dixo que xa atoparía a maneira de saber cal era a galiña diferente.
                           
Pero por agora non atopou ningunha solución, e Lorenzo está moi feliz coa súa galiña especial, que xa non o é tanto, pois agora todas as galiñas son coma a súa.
O que aínda non sabemos é que pasará cando chova, pero iso verémolo outro día.


ILUSTRACIÓN E GUIÓN: Nenos e nenas de 2º curso de Educación Primaria. 


jueves, 4 de mayo de 2017

Carlos Casares- Letras Galegas, 2017-

Este ano o Día das Letras Galegas dedícase a Carlos  Casares. Narrador, ensaísta, articulista de prensa, editor e dinamizador cultural.
Para coñecer a súa biografía podemos acceder ao seguinte xogo.

 A continuación, premendo na imaxe, faremos diferentes actividades moi divertidas que nos achegarán á obra de Carlos Casares e á nosa Lingua.

Estamos a traballar o conto “A galiña azul”  Durante a próxima semana faremos as ilustracións e o resumo, para despois contárllelo aos nosos compañeiros de Educación Infantil e Primaria no Kamishibai, o noso teatro de papel xaponés.


martes, 2 de mayo de 2017

¡AL PARQUE!

Tener un parque justo al lado del colegio es una gran ventaja. Cuando hace buen día, como el viernes, podemos ir a jugar y a disfrutar del entorno natural de nuestro centro escolar.
PULSAD EN LA IMAGEN PARA VER MÁS FOTOS



miércoles, 26 de abril de 2017

Premio do Certame de Cartas de Reis do Nadal

A semana pasada visitounos o concelleiro de Normalización Lingüística Álvaro Montes. Veu a traer o premio a Gala Sixto, gañadora do Certame de Cartas de Reis do Nadal 2016-2017

PARABÉNS GALA !!!

Gala recibindo os seus agasallos


Sorpresa e alegría polo premio


Álvaro Montes con Gala e os seus compañeiros de 2º curso de Primaria


martes, 11 de abril de 2017

Gran premio de la multiplicación

Niños y niñas, ¿practicamos la tabla de multiplicar  jugando?
Espero que lo hagáis en casa, pero también lo haremos en el aula de informática :)

viernes, 10 de marzo de 2017

Parque de Educación Vial e Museo do Humor (Fene)

Hoxe saímos de excursión ao Parque de Educación Vial de Fene. Déronnos dúas clases, unha teórica e outra práctica. Unha vez recibida a clase teoría,  puxéronnos un chaleco refráctante, un casco e… a practicar nos cars.
Como non cometemos infraccións, os membros de protección civil non nos multaron, e ao final da visita déronnos o carné de condutores de cars.

Pasámolo xenial e aprendemos moito!

Logo despois de aprender a conducir no Parque de Educación Vial, tocou ir ao Museo do Humor para rir.
Día redondo!!!!

"Quen nos fai rir é un cómico
Quen nos fai pensar
e logo rir é un humorista"

Georg P.Burns

domingo, 12 de febrero de 2017

A táboa de multiplicar

Toca aprender a táboa de multiplicar, e que mellor maneira de facelo que cantando.

miércoles, 25 de enero de 2017

Día da Paz

Estas son as actividades propostas desde a biblioteca do colexio.

                                                                    Pinchade na imaxe 

lunes, 23 de enero de 2017

Xogos pola Paz

Quebracabezas, sopa de letras, atopa as diferenzas …, divertidos xogos para celebrar a paz, non só o 30 de xaneiro, nós celebrámola todos os días!