jueves, 20 de diciembre de 2018
viernes, 9 de noviembre de 2018
SEMANA DA CIENCIA
Nesta Semana dedicada á
Ciencia, a nosa ANPA organizou unha morea de actividades. Na xornada de hoxe
voluntarios de Física de 4º da ESO co seu profe David García, traballaron arreo
para que os nenos e nenas de primeiro e segundo de primaria tiveran unha divertida sesión de
"maxia" no laboratorio.
Fernando, Manu, Aaron, Carmen, Andrea,
Irene, Uxía, Marta, Antía e Carla foron os fantásticos voluntarios.
Crearon 5
experimentos magnéticos feitos con imáns:
1 ➤ TREN
MAGNÉTICO QUE LEVITA?
Carmen e Arón con Omar |
2➤ CARREIRA DE BOLAS
Andrea e Irene tamén o pasaron ben cos peques. |
3➤ TREN ELÉCTRICO (Tubo de cobre e pilas con imáns)
Uxía e Marta mostrando o mecanismo do tren.
|
4 ➤ FRENO MAGNÉTICO (Conseguiron crear a forza da gravidade)
Manu e Lucía axudan a mirar polo tubo do espectacular freo
magnético.
|
5 ➤ LIÑAS DE FORZA (Observamos as liñas de
forza que aparecen entre dous imáns)
! |
Antía e Carla amosando as
preciosa liñas de forza que forman os imáns. Orgullosos dos nosos alumnos e alumnas! |
miércoles, 31 de octubre de 2018
viernes, 5 de octubre de 2018
Museo de Historia Natural
Hoxe visitamos o Museo de Historia Natural onde se atopa a maior colección de ósos de cetáceos de España.
Puidemos observar aves, fósiles de especies terrestres e mariñas, así como exemplares de insectos, quenllas, serpes… Tamén nos atopamos cunha das maiores coleccións de cunchas mariñas do mundo.
PREMEDE AQUÍ PARA VER TODAS AS FOTOS
PREMEDE AQUÍ PARA VER TODAS AS FOTOS
Balea Común |
Lura xigante de 8 metros, poden medir hasta 20 metros |
Balea Alibranca |
Cunchas |
Pitón Africana |
martes, 19 de junio de 2018
viernes, 4 de mayo de 2018
Lectura compartida
Os nosos compañeiros e
compañeiras de sexto son os nosos “padriños e madriñas” no cole. Cóidannos e axúdannos
cando o necesitamos, esta mañá léronnos o conto que eliximos na biblioteca do
cole.
Grazas amigos/as
jueves, 26 de abril de 2018
Visita de María Canosa
Hoxe visitounos a escritora María Canosa. Falounos do seu
libro "O día que choveu do revés" Trouxo o seu propio paraugas, fose ser que a choiva alagase a nosa
biblioteca. Por último asinounos os nosos exemplares.
viernes, 9 de febrero de 2018
viernes, 2 de febrero de 2018
Visita ao Museo de Construción Naval de Ferrol
A pirata Alba, mostrounos
o Museo de Construción Naval máis importante do mundo.
Mediante o xogo “Atopa o tesouro” fomos
descubrindo a magnífica exposición que se atopa no edificio Herrerías: restos
de barcos afundidos, maquetas de estaleiros, costelas de barcos…
Ao final, como non podía
ser doutra maneira, atopamos o tesouro, un cofre cheo de moedas de “ouro”
Suscribirse a:
Entradas (Atom)