sábado, 21 de diciembre de 2019

viernes, 18 de octubre de 2019

1º FESTIVAL ESCOLAR DO CAMIÑO INGLÉS

Esta mañá participamos no  festival  das peregrinacións escolares do Camiño Inglés.
Un festival multidisciplinar que fomenta o Camiño Inglés e a ruta cara a San Andrés de Teixido, que teñen en Ferrol o punto de partida, o quilómetro cero.



No festival disfrutamos de obradoiros, música, arte en directo, degustacións ...




Ata tivemos unha sesión de fotografía nun photocall como divertidos peregrinos.

martes, 15 de octubre de 2019

Teléfono Toobaloo

                         Xa temos o noso teléfono Toobaloo de fabricación propia.
Unimos e decoramos as tres pezas que o forman...
E... teléfonos feitos!


Agora a ler escoitando a nosa voz polo Toobaloo, así corrixiremos erros, melloraremos a expresión, adquiriremos unha boa fluidez... e divertirémonos lendo. Grazas a Elena, profe de 3º de EP, por esta idea tan xenial.

viernes, 4 de octubre de 2019

Visita ao Xacemento do Caldoval

A visita de hoxe ao Museo do Caldoval serviunos para coñecer mellor como vivían os habitantes da Galicia romana entre os séculos I e V d. C. Principalmente no referente ao lecer e á súa alimentación.


Entramos nunha cociña romana onde descubrimos os utensilios que utilizaban.













Patricia mostrounos restos orixinais que despois de tantos anos aínda perduran.


Os baños impresionáronnos especialmente. Patricia explicounos todo o proceso, ata contaban cun ximnasio ao aire libre para facer exercicio antes do baño.
Vero, outra monitora, contounos como era a alimentación nesta época. Os nenos e nenas plasmaron en debuxos os alimentos característicos destes séculos.
Este é o resultado final dalgúns deles. Está claro que son uns artistas!

miércoles, 25 de septiembre de 2019

Robótica na aula


 Andrea e Laura viñeron á nosa aula para darnos unha pequena sesión de robótica. Foi empezar e, en nada, xa estabamos en marcha. O traballo consistiu en facer unha buxaina robotizada.

Dito e feito. J











martes, 14 de mayo de 2019

Letras Galegas 2019

Vamos  coñecer a Antón Fraguas mediante estas actividades en liña.

 Actividades

jueves, 4 de abril de 2019

VISITA DE YOLANDA CASTAÑO

Hoxe recibimos a visita da poetisa Yolanda Castaño para falarnos do seu libro “Coller as rendas” o cal lemos, comentamos, debuxamos, recitamos... durante o segundo trimestre.

“Coller as rendas”ofrece sinxelos pero divertidos versos que afondan na importancia de reforzar os valores de respecto á personalidade de cada individuo, a través da descrición da situación e as peculiaridades de distintos animais. A finalidade dos poemas e das ilustracións é dar a entender que na natureza cadaquén ten o seu deber e os animais saben o porque da súa existencia

Yolanda animounos a escribir, contounos que ela comezou con oito anos.
Escribiunos unhas preciosas dedicatorias nos nosos exemplares que nos fixeron moita ilusión.
Grazas pola visita, Yolanda.

viernes, 1 de marzo de 2019

ENTROIDO 2019

Coa temática do Proxecto Terra «O Barrio de Esteiro» que estamos a traballar neste curso, aproveitamos para disfrazarnos. Así saímos en comparsa caracterizados de universitarios do Campus de Esteiro, Pasámolo moi ben cantando e berrando pola rúa, acompañados de familiares e curiosos.

jueves, 14 de febrero de 2019

Actividade de 1º de Primaria

Hoxe, na clase de matemáticas, fixemos un mercado, aprendemos a utilizar os €, pasámolo moi ben e mercamos moitas cousas.

martes, 12 de febrero de 2019

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA


Con motivo da celebración do Día da Muller e da Nena na Ciencia, recibimos a visita de nosa exalumna Isabel Rial, investigadora do Departamento de Farmacoloxía da USC. Isabel recibiu un premio extraordinario pola súa tese doutoral. Agora traballa na Universidade de Aveiro (Portugal) cunha beca da Xunta.

Isabel realizou diferntes experimentos cos nenos e nenas


Con bicarbonato e vinagre creou un gas para inflar globos.
Quitoulles a cor aos lacasitos.
Diluíu cores con lavalouzas. 


Todo un espectáculo para os nosos pequenos científicos.


viernes, 1 de febrero de 2019

MUSEO NAVAL

Hoxe visitamos o Museo Naval de Ferrol.
Durante o paseo descubrimos a viculación da Armada coa nosa cidade. 
Laura, a monitora, explicounos moitas cousas relacionadas co mar: áncoras, mergulladores, fragatas, carabelas, camarotes...