jueves, 14 de febrero de 2019

Actividade de 1º de Primaria

Hoxe, na clase de matemáticas, fixemos un mercado, aprendemos a utilizar os €, pasámolo moi ben e mercamos moitas cousas.

martes, 12 de febrero de 2019

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA


Con motivo da celebración do Día da Muller e da Nena na Ciencia, recibimos a visita de nosa exalumna Isabel Rial, investigadora do Departamento de Farmacoloxía da USC. Isabel recibiu un premio extraordinario pola súa tese doutoral. Agora traballa na Universidade de Aveiro (Portugal) cunha beca da Xunta.

Isabel realizou diferntes experimentos cos nenos e nenas


Con bicarbonato e vinagre creou un gas para inflar globos.
Quitoulles a cor aos lacasitos.
Diluíu cores con lavalouzas. 


Todo un espectáculo para os nosos pequenos científicos.


viernes, 1 de febrero de 2019

MUSEO NAVAL

Hoxe visitamos o Museo Naval de Ferrol.
Durante o paseo descubrimos a viculación da Armada coa nosa cidade. 
Laura, a monitora, explicounos moitas cousas relacionadas co mar: áncoras, mergulladores, fragatas, carabelas, camarotes...