Hoxe recibimos a
visita da poetisa Yolanda Castaño para falarnos do seu libro “Coller as
rendas” o cal lemos, comentamos, debuxamos, recitamos... durante o segundo
trimestre.
“Coller as
rendas”ofrece sinxelos pero divertidos versos que afondan na importancia de
reforzar os valores de respecto á personalidade de cada individuo, a través da
descrición da situación e as peculiaridades de distintos animais. A finalidade
dos poemas e das ilustracións é dar a entender que na natureza cadaquén ten o
seu deber e os animais saben o porque da súa existencia
Yolanda animounos a
escribir, contounos que ela comezou con oito anos.
Escribiunos unhas
preciosas dedicatorias nos nosos exemplares que nos fixeron moita ilusión.
Grazas pola visita,
Yolanda.