miércoles, 11 de septiembre de 2019
viernes, 21 de junio de 2019
martes, 14 de mayo de 2019
jueves, 4 de abril de 2019
VISITA DE YOLANDA CASTAÑO
Hoxe recibimos a
visita da poetisa Yolanda Castaño para falarnos do seu libro “Coller as
rendas” o cal lemos, comentamos, debuxamos, recitamos... durante o segundo
trimestre.
“Coller as
rendas”ofrece sinxelos pero divertidos versos que afondan na importancia de
reforzar os valores de respecto á personalidade de cada individuo, a través da
descrición da situación e as peculiaridades de distintos animais. A finalidade
dos poemas e das ilustracións é dar a entender que na natureza cadaquén ten o
seu deber e os animais saben o porque da súa existencia
Yolanda animounos a
escribir, contounos que ela comezou con oito anos.
Escribiunos unhas
preciosas dedicatorias nos nosos exemplares que nos fixeron moita ilusión.
Grazas pola visita,
Yolanda.
viernes, 1 de marzo de 2019
ENTROIDO 2019
Coa temática do Proxecto Terra «O Barrio de Esteiro» que estamos a traballar neste curso, aproveitamos para disfrazarnos. Así saímos en comparsa caracterizados de universitarios do Campus de Esteiro, Pasámolo moi ben cantando e berrando pola rúa, acompañados de familiares e curiosos.
jueves, 14 de febrero de 2019
Actividade de 1º de Primaria
Hoxe, na clase de matemáticas, fixemos un mercado, aprendemos a utilizar os €, pasámolo moi ben e mercamos moitas cousas.
martes, 12 de febrero de 2019
DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
Con motivo da celebración do Día da Muller e da Nena na Ciencia, recibimos
a visita de nosa exalumna Isabel Rial, investigadora do Departamento de Farmacoloxía
da USC. Isabel recibiu un premio extraordinario pola súa tese doutoral. Agora
traballa na Universidade de Aveiro (Portugal) cunha beca da Xunta.
![]() |
Isabel realizou diferntes experimentos cos nenos e nenas |
![]() |
Con bicarbonato e vinagre creou un gas para inflar globos.
|
![]() |
Todo un espectáculo para os nosos pequenos científicos. |
viernes, 1 de febrero de 2019
MUSEO NAVAL
Hoxe visitamos o Museo Naval de Ferrol.
Durante o paseo descubrimos a viculación da Armada coa nosa cidade.
Laura, a monitora, explicounos moitas cousas relacionadas co mar: áncoras, mergulladores, fragatas, carabelas, camarotes...
Durante o paseo descubrimos a viculación da Armada coa nosa cidade.
Laura, a monitora, explicounos moitas cousas relacionadas co mar: áncoras, mergulladores, fragatas, carabelas, camarotes...
jueves, 20 de diciembre de 2018
viernes, 9 de noviembre de 2018
SEMANA DA CIENCIA
Nesta Semana dedicada á
Ciencia, a nosa ANPA organizou unha morea de actividades. Na xornada de hoxe
voluntarios de Física de 4º da ESO co seu profe David García, traballaron arreo
para que os nenos e nenas de primeiro e segundo de primaria tiveran unha divertida sesión de
"maxia" no laboratorio.
Fernando, Manu, Aaron, Carmen, Andrea,
Irene, Uxía, Marta, Antía e Carla foron os fantásticos voluntarios.
Crearon 5
experimentos magnéticos feitos con imáns:
1 ➤ TREN
MAGNÉTICO QUE LEVITA?
![]() |
| Carmen e Arón con Omar |
2➤ CARREIRA DE BOLAS
| Andrea e Irene tamén o pasaron ben cos peques. |
3➤ TREN ELÉCTRICO (Tubo de cobre e pilas con imáns)
![]() |
Uxía e Marta mostrando o mecanismo do tren.
|
4 ➤ FRENO MAGNÉTICO (Conseguiron crear a forza da gravidade)
![]() |
Manu e Lucía axudan a mirar polo tubo do espectacular freo
magnético.
|
5 ➤ LIÑAS DE FORZA (Observamos as liñas de
forza que aparecen entre dous imáns)
! |
| Antía e Carla amosando as
preciosa liñas de forza que forman os imáns. Orgullosos dos nosos alumnos e alumnas! |
miércoles, 31 de octubre de 2018
viernes, 5 de octubre de 2018
Museo de Historia Natural
Hoxe visitamos o Museo de Historia Natural onde se atopa a maior colección de ósos de cetáceos de España.
Puidemos observar aves, fósiles de especies terrestres e mariñas, así como exemplares de insectos, quenllas, serpes… Tamén nos atopamos cunha das maiores coleccións de cunchas mariñas do mundo.
PREMEDE AQUÍ PARA VER TODAS AS FOTOS
PREMEDE AQUÍ PARA VER TODAS AS FOTOS
Balea Común |
![]() |
Lura xigante de 8 metros, poden medir hasta 20 metros |
Balea Alibranca |
![]() |
Cunchas |
Pitón Africana |
martes, 19 de junio de 2018
viernes, 4 de mayo de 2018
Lectura compartida
Os nosos compañeiros e
compañeiras de sexto son os nosos “padriños e madriñas” no cole. Cóidannos e axúdannos
cando o necesitamos, esta mañá léronnos o conto que eliximos na biblioteca do
cole.
Grazas amigos/as
Suscribirse a:
Entradas (Atom)












































