lunes, 26 de diciembre de 2011
miércoles, 21 de diciembre de 2011
A nosa decoración do Nadal
Este mural foi elaborado polos nenos e nenas do Primeiro Ciclo de EP
Cada alumno/a pediu un desexo, cos pompóns que cada neno e nena realizou, enfiaron uns desexos cos outros.
Foi un traballo feito en equipo polo Primeiro Ciclo de EP, no cal participaron tódolos nenos e nenas do mesmo.
Cada alumno/a pediu un desexo, cos pompóns que cada neno e nena realizou, enfiaron uns desexos cos outros.
Foi un traballo feito en equipo polo Primeiro Ciclo de EP, no cal participaron tódolos nenos e nenas do mesmo.
martes, 13 de diciembre de 2011
"A TROPA DE TRAPO"
O xoves día 15 os nenos e nenas do Primeiro Ciclo de Educación Primaría acompañados/as das súas titoras Silvia e Isabel, iremos ao cine a ver a película “A tropa de trapo”
“A Tropa de Trapo no País onde sempre brilla o Sol” é unha película 3D de debuxos, producida especialmente para nenos, non é demasiado longa: 76 minutos.
A película ademais de entretenimiento busca que os pequenos aprendan valores importantes como o compañerismo, o respecto pola diversidade, a amizade, a afirmación da propia personalidade…
ARGUMENTO
O día que Mumu descobre un branquísimo rabaño de ovellas pastando no parque onde ela xoga cos seus amigos Milo, Rita, Talalo, Alfred e Olga, non pode evitar comparar o seu níveo aspecto co deles, A Tropa de Trapo, confeccionados con teas de moi diferentes estampados (seguramente pasados de moda...), con cheas de manchas de todas as cores de xogar no campo e nos charcos. E sente certa vergonza dos seus amigos e envexa das lustrosas ovellas. E pensa que ela, unha vaca tan especial, está perdendo o tempo cun grupo de amigos equivocados.
Cando descobre que esas impecables ovellas son en realidade estrelas que van formar parte dun gran espectáculo, Mumu queda definitivamente seducida por elas e disponse a cambiar o que sexa necesario con tal de chegar a ser tamén unha glamurosa estrela.
Sen pensalo dúas veces, vaise á súa botiquín e colle cheas de bólas de algodón que vai pegando sobre a súa pel de cadros de mantel de merendas campestres, mestúrase co rabaño de ovellas e soben xuntas ao tren que lles levará ao País Onde Sempre Brilla o Sol.
A inxenua Mumu vivirá unha aventura na que aprenderá que ser diferente aos demais é o que nos fai realmente especiais e únicos, e que nosas peculiares habilidades son as que poden salvarnos a vida nun momento crítico...
martes, 6 de diciembre de 2011
lunes, 5 de diciembre de 2011
martes, 22 de noviembre de 2011
viernes, 18 de noviembre de 2011
viernes, 11 de noviembre de 2011
miércoles, 9 de noviembre de 2011
domingo, 30 de octubre de 2011
jueves, 27 de octubre de 2011
martes, 25 de octubre de 2011
domingo, 16 de octubre de 2011
sábado, 15 de octubre de 2011
miércoles, 12 de octubre de 2011
lunes, 3 de octubre de 2011
viernes, 30 de septiembre de 2011
Suscribirse a:
Entradas (Atom)