martes, 13 de diciembre de 2011

"A TROPA DE TRAPO"





O xoves día 15 os nenos e nenas do Primeiro Ciclo de Educación Primaría acompañados/as das súas titoras Silvia e Isabel, iremos ao cine a ver a película “A tropa de trapo”

“A Tropa de Trapo no País onde sempre brilla o Sol” é unha película 3D de debuxos, producida especialmente para nenos, non é demasiado longa: 76 minutos.
 A película ademais de entretenimiento busca que os pequenos aprendan valores importantes como o compañerismo, o respecto pola diversidade, a amizade, a afirmación da propia personalidade…

ARGUMENTO
 O día que Mumu descobre un branquísimo rabaño de ovellas pastando no parque onde ela xoga cos seus amigos Milo, Rita, Talalo, Alfred e Olga, non pode evitar comparar o seu níveo aspecto co deles, A Tropa de Trapo, confeccionados con teas de moi diferentes estampados (seguramente pasados de moda...), con cheas de manchas de todas as cores de xogar no campo e nos charcos. E sente certa vergonza dos seus amigos e envexa das lustrosas ovellas. E pensa que ela, unha vaca tan especial, está perdendo o tempo cun grupo de amigos equivocados.
Cando descobre que esas impecables ovellas son en realidade estrelas que van formar parte dun gran espectáculo, Mumu queda definitivamente seducida por elas e disponse a cambiar o que sexa necesario con tal de chegar a ser tamén unha glamurosa estrela.
Sen pensalo dúas veces, vaise á súa botiquín e colle cheas de bólas de algodón que vai pegando sobre a súa pel de cadros de mantel de merendas campestres, mestúrase co rabaño de ovellas e soben xuntas ao tren que lles levará ao País Onde Sempre Brilla o Sol.
A inxenua Mumu vivirá unha aventura na que aprenderá que ser diferente aos demais é o que nos fai realmente especiais e únicos, e que nosas peculiares habilidades son as que poden salvarnos a vida nun momento crítico...

No hay comentarios: