Este curso escollemos como centro de interese as Meninas de Canido, arredor
das que realizaremos diferentes actividades programadas. Dedicaremos especial
atención á iniciativa xurdida no ano 2008 por Eduardo Hermida, así como aos
beneficios que esta supón para o barrio e a cidade.
A primeira destas actividades será levar a cabo unha ruta polas rúas onde
se atopan as Meninas máis significativas.
Para que vos vaiades familiarizando con este famoso cadro déixovos o enlace
á Audioguía infantil das Meninas de Velázquez.
No hay comentarios:
Publicar un comentario