lunes, 19 de octubre de 2015

Xoga coas sumas

Escolle os números que queres sumar,  pon o resultado. Se consegues poñer catro resultados seguidos da mesma cor, conseguirás un catro en liña!

sábado, 17 de octubre de 2015

SAMAÍN 2015

Recursos para traballar o Samaín 2015 con actividades de comprensión lectora e de plástica.

viernes, 9 de octubre de 2015

Nuestros libros favoritos

Durante esta semana mis niños y niñas trajeron a clase sus libros favoritos para compartirlos con sus compañeros y compañeras, aunque tenemos una buena biblioteca de aula, siempre es estimulante ver libros nuevos, eso les motiva para leerlos.
Lucía se decidió por “Oliver”
A Gala le gusta “Los héroes del huerto”
         Laura optó por “Lily la princesa hada”
Claudia con un clásico, “Cenicienta”
“Andersen, Grimm y Perrault” le gusta a Iria
Daniela con su libro “El mundo de las princesas”
EL que causó más curiosidad. “Marcianos en calzoncillos” ¿Por qué será...?  :)  Nos lo trajo Quique
El increíble T. Rex, es de Lucas
Antía con su libro "Caillou"

"Xeados" é de Brais
Irene con  "Dulces sueños"
A Iker le gusta "Los números"

Denís con "Animales en la granja"

Xabi escogió "Sorpresa de cumpleaños"

A Yésica le gusta "El parque encantado"

Adriana nos trajo a” Bambi"
A Malva le gusta “Blancanieves”

viernes, 2 de octubre de 2015

Ruta das Meninas de Canido

Hoxe saímos de ruta polas rúas de Canido para ver as Meninas, un verdadeiro espectáculo de imaxinación e cor.
Arte na rúa!

                                                           Pinchade para ver as fotos

martes, 29 de septiembre de 2015

As Meninas de Canido

Este curso escollemos como centro de interese as Meninas de Canido, arredor das que realizaremos diferentes actividades programadas. Dedicaremos especial atención á iniciativa xurdida no ano 2008 por Eduardo Hermida, así como aos beneficios que esta supón para o barrio e a cidade.
A primeira destas actividades será levar a cabo unha ruta polas rúas onde se atopan as Meninas máis significativas.


Para que vos vaiades familiarizando con este famoso cadro déixovos o enlace á Audioguía infantil das Meninas de Velázquez.

                                                                        ENLACE  

 ENLACE

miércoles, 16 de septiembre de 2015

miércoles, 17 de junio de 2015

miércoles, 27 de mayo de 2015

A Pirámide Nutricional

O supermercado Gadis de Portanova invitounos a visitar as súas instalacións para darnos unha charla sobre a alimentación.

Sandra, a azafata, explicounos como diferenciar a carne branca da vermella, o peixe azul do branco. Cal é o pan máis bo. Que produtos debemos deixar para o final da compra...Pero sen dúbida, o máis interesante foi a pirámide alimenticia, saber que produtos debemos tomar varias veces ao día como a froita e a verdura, e cales consumir de cando en vez ou raramente.




viernes, 22 de mayo de 2015

Recolleita

Hoxe os nenos e nenas estiveron recollendo as acelgas e leitugas que xa estaban no seu punto.

Bo proveito!

miércoles, 20 de mayo de 2015

Visita Científica

Hoxe recibimos a visita de David, científico, profesor de ESO e un dos membros do Premio Luís Freire de Investigación Científica na Escola.
Trouxo tres regalos para cada neno,  pola súa participación no devandito concurso: un caderno, un lapis e un marcapáxinas.
Pero o mellor agasallo foi, sen dúbida, unha serie de experimentos científico-máxicos que realizou para todos nós:
-O globo que non se queima.
-O tubo metálico que emite un son enxordecedor.
-A botella da verdade.

-A vara máxica electrostática.
-O polímero absorbendo tanta cantidade de auga que parece estar seco permanentemente. 
-A a bazoka de aire...

Deixounos a todos coa boca aberta!


                                                 Pincha na imaxe ou no título para ver as fotos

viernes, 15 de mayo de 2015

A nosa horta medra

A nosa horta empeza a dar os seus froitos. Hoxe aproveitamos que facía sol para regar as hortalizas.
Coidámola e mimámola moito, por iso está tan fermosa.

                             Pincha na imaxe para ver todas as fotos




lunes, 11 de mayo de 2015

Letras Galegas 2015

Xosé Fernando Filgueira Valverde,
  autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2015


Xosé Fernando Filgueira Valverde, foi co-fundador do Seminario de Estudos Galegos e director do Instituto Padre Sarmiento e do Museo de Pontevedra. Presidiu o Consello da Cultura Galega e foi membro da Real Academia Galega. É autor dunha moi numerosa obra, nomeadamente nos campos da historia, literatura, arqueoloxía e antropoloxía de Galicia.
Adícaselle o Día das Letras de 2015 polo seu traballo a prol da cultura galega.




A continuación atoparedes actividades  interactivas, para achegarse á figura de Xosé Filgueira Valverde. (Preme nas imaxes para acudir ás ligazóns correspondentes)